Este ano tan complicado que pasamos serviunos para incidir, máis se cabe, na base dos valores da empresa: a responsabilidade do traballo ben feito, o apoio e complicidade cos nosos clientes, a conciliación dos nosos traballadores, así como a obriga de todos de aportar o necesario para deixar un planeta sostible.

Neste sentido, culminouse o proxecto dunha instalación de Enerxía Fotovoltaica na nosa sede, co obxetivo de rebaixar o consumo de enerxías non renovables. Unha parte deste proxecto realizouse en colaboración co INEGA a través dos fondos FEDER, o que permitiu implementar unha aportación importante de enerxía renovable ó consumo total da nosa instalación.

Do mesmo modo, puxéronse en marcha unha serie de actuacións encamiñadas á redución do consumo xeral de enerxía. A primeira fora unha renovación importante da nosa flota, con vistas a un futuro eléctrico (cando a tecnoloxia o permita). Seguimos tamén coa sustitución  das nosas luminarias ata chegar a fin de ano á tecnoloxía led total.

¡Estamos comprometidos cun futuro sostible!

 

 

× ¿Cómo puedo ayudarte?